Jesús Pombo leva unha vibrante Subida á Escusa

Poio
30 de outubro 2016

O piloto do Congostra Team Sanxenxo confirmou o seu dominio da primeira xornada e aguantou a presión dos seus rivais para levar o triunfo por unha escasa marxe na XVII edición da proba automobilística

Segunda xornada da XVII Subida á Escusa
Segunda xornada da XVII Subida á Escusa / Diego Torrado

Emocionante final na XVII edición da Subida á Escusa, que se decidiu por unha apertada marxe final despois das tres últimas mangas disputadas este domingo.

Jesús Pombo (Congostra Team Sanxenxo) levou a vitoria confirmando o seu dominio da primeira xornada e tras lograr aguantar a forte presión dos seus rivais nas últimas pasadas.

Pombo avantaxou en só 3.863 segundos ao campión galego, Alexis Viéitez (Buxa Motor Poio), mentres terceiro foi Pablo Rey (TMartínez Racing) a 5.189 segundos.

Consulta aquí a clasificación completas da XVII Subida á Escusa, última proba da tempada no Campionato Galego de Montaña.