Contratempo para o Pontevedra Club de Fútbol en forma de lesión. Jorge Fernández retirouse este xoves antes de tempo da sesión de adestramento celebrada no Estadio Municipal de Pasarón con molestias nun xeonllo.
O futbolista recibiu un golpe nunha acción fortuíta cun compañeiro, en concreto con Rufo, e tras ser atendido e tentar reincoporarse ao traballo terminou abandonando o adestramento pouco despois.
Agora o extremo asturiano atópase pendente de someterse a probas médicas que determinen o alcance exacto da doenza e o tempo que deberá permanencer de baixa.
Polo de súpeto a súa presenza o vindeiro domingo en Xixón para enfrontarse ao filial do Real Sporting foi descartada polo adestrador granate, Luisito.
O que aínda non está descartado é Borja Martínez, lesionado nun nocello desde hai un par de semanas e que segue sendo dúbida para a fin de semana ao persistir certas molestias na zona danada. Polo menos o técnico recupera para o desprazamento a outro centrocampista, Imanol, tras cumprir un encontro de sanción.