Julia Dupuy renova co Poio Pescamar

Poio
16 de agosto 2022

A xogadora arxentina, que aínda non aclarara o seu futuro, cumprirá así a súa terceira campaña no club conserveiro, un equipo que confirmou cinco partidos de preparación para esta pretempada

Julia Dupuy nun partido entre Poio Pescamar e Torreblanca na Seca
Julia Dupuy nun partido entre Poio Pescamar e Torreblanca na Seca /

O Poio Pescamar suma unha nova peza á súa pretempada, aínda que se trata dunha xogadora xa coñecida.

Julia Dupuy seguirá un ano máis no cadro conserveiro, polo que acaba de renovar para a que será a súa terceira campaña na Seca.

A xoven futbolista internacional arxentina, de 22 anos, seguirá achegando desta forma o seu carácter ao equipo vermello desde o posto de ala pívot.

CINCO PARTIDOS DE PRETEMPADA

Doutra banda o Poio Pescamar confirmou cinco encontros de preparación na súa pretempada.

O primeiro deles disputarase este mesmo mércores 17 de agosto (20.45 horas) na pista do Viaxes Amarelle. Despois virán dous duelos fronte ao Burela fóra (20 de agotso) e na casa (24 de agosto), outro ante o Nun'Álvares Futsal tamén na Seca (27 de agosto) e outra máis fronte ao Santa Luzia FC fóra.