O Club Waterpolo Pontevedra volve fixarse no mercado internacional para reforzar ao seu equipo feminino, que debutará a próxima tempada na Primeira Nacional.
Tras as fichaxes da viguesa Carmen Carrera e a mexicana Alejandra Gallegos, a terceira incorporación conta de novo con aroma mexicano.
Trátase de Karla Hernández, xove xogadora de 20 anos que ocupa o posto de boia e que procede do Club Aguascalientes do seu país, do mesmo xeito que Alejandra Gallegos.
A pesar da súa mocidade conta con experiencia internacional, destacando o triunfo co seu equipo nacional no Campionato Centroamericano e do Caribe CCCAN 2022.
"Ao escoitar ao coach falar acerca dos obxectivos e metas que ten para o equipo foi o que me motivou a querer formar parte do CW Pontevedra, do mesmo xeito que me entusiasma bastante a idea de xogar noutro país e coñecer xente nova". sinalou Hernández tras confirmarse a súa fichaxe, afirmando que "achegarei todo o meu esforzo e compromiso para levar a cabo os obxectivos do equipo da maneira máis eficiente".