Kevin Levis e Moreira tampouco seguirán no Pontevedra a próxima tempada

Pontevedra
08 de xullo 2014

Tras os últimos contactos entre o equipo e a dirección deportiva da entidade, confírmase que o dianteiro Kevin Levis e o centrocampista José Moreira abandonan a disciplina do club. Ningún deles figuraba na lista de xogadores aos que, inicialmente, os responsables da directiva pontevedresa lles ían ofrecer a renovación

Remate acrobático de Kevin Levis que se vai ao poste no Pontevedra-ÿrdenes
Remate acrobático de Kevin Levis que se vai ao poste no Pontevedra-ÿrdenes / Diego Torrado

Segue aumentando a lista de baixas do Pontevedra para a próxima tempada. Tras os últimos contactos entre o equipo e a dirección deportiva da entidade, confírmase que o dianteiro Kevin Levis e o centrocampista José Moreira abandonan a disciplina do club. Ningún deles figuraba na lista de xogadores aos que, inicialmente, os responsables da directiva pontevedresa lles ían ofrecer a renovación.

Ambos os dous desvelaron a súa saída do Pontevedra a través das súas respectivas contas persoais en Twitter, onde agradeceron ao club, aos seus compañeiros e aos afeccionados o apoio prestado durante todo este ano.

José Moreira chegou á disciplina granate o pasado mes de agosto, procedente do Celta B; mentres que Kevin Levis, que marcou 20 goles entre o primeiro equipo e o filial, tamén foi unha das fichaxes da pasada tempada. Incorporárase á disciplina granate tras unha tempada no Barco, equipo de Rexional Preferente.

Con estas dúas baixas, son xa nove os xogadores que non seguirán no Pontevedra. Previamente, o club anunciara a saída de Richi, Santi Domínguez, Paco, Javi Otero, Pablo Lede, Miguel Vázquez e David Pérez.