Kilian Ramírez cambia a portería do Teucro pola do Cisne para competir en Asobal

Pontevedra
21 de xuño 2022

O gardameta canario convértese na primeira fichaxe oficial do Cisne para o seu novo proxecto na máxima categoría. "Estoy muy feliz e ilusionado por poder volver a Asobal con este equipo", asegura

Kilian Ramírez, no partido entre España e Alemaña do Mundial Júnior de Balonmán
Kilian Ramírez, no partido entre España e Alemaña do Mundial Júnior de Balonmán / Diego Torrado

O Club Cisne Balonmán xa ten á súa primeira fichaxe oficial para o que será o segundo proxecto deportivo da súa historia na máxima categoría, a Liga Asobal.

A entidade pontevedresa non foi moi lonxe para 'pescar' á súa nova incorporación, xa que se trata do gardameta Kilian Ramírez, que a última tempada defendeu a camiseta da Sociedad Deportiuva Teucro na División de Honra Prata.

O xogador canario, de gran proxección desde as categorías inferiores, pasou por clubs da Liga Asobal como Ciudad Encantada e Villa de Aranda, pero unha grave lesión de xeonllo freou a súa progresión. Xa recuperado, regresou ás canchas de xogo o pasado curso nas filas teucristas.

"Estoy muy feliz e ilusionado por poder volver a Asobal con este equipo. Esperemos que cumplamos el objetivo el año que viene y disfrutemos juntos", sinalou  Kilian tras facerse oficial a súa fichaxe.

A incorporación do gardameta chega para cubrir a saída de Jorge Villamarín, coa intención de competir polo posto cun Roney Franzini que todo apunta seguirá un ano máis no Cisne.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora