Nun día perfecto para a práctica deportiva, con sol e temperaturas agradables, Samieira gozou a décima edición do Dúatlon Cros Concello de Poio.
Un total de 83 atletas participaron nunha proba que supoñía a segunda parada do circuíto galego e contaba cun percorrido de 6 quilómetros a pé, 19,5 en bicicleta e 3 quilómetros de novo de carreira, con saída desde o campo de fútbol.
Na proba masculina o máis rápido foi Marcos Mayo (Tríatlon O Treito) cun tempo de 1:35:02, seguido de David Calzas (Costa da Morte) e Bruno Daniel da Silva, segundo e terceiro respectivamente.
Pola súa banda Lara Lois (GV Sports) foi a gañadora en categoría feminina cun rexistro de 1:59:48 tras dominar a proba desde o inicio. Segunda, a moita distancia, foi María Martínez.
Completaron a nómina de gañadores Alejandro González (Trinorth-Nogasa) en veteranos e o Tríatlón O Treito na clasificación por equipos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.