Lateral zurdo, centro do campo e mediapunta, posicións a reforzar polo Pontevedra no que queda de mercado

Pontevedra
12 de xullo 2021

O director deportivo do club granate, Toni Otero, recoñeceu que centran os seus esforzos en reforzar esas tres posiciones. Para iso contan con tres fichas sénior e outras tres sub-23 dispoñibles

Rolda de prensa de Toni Otero no Estadio Municipal de Pasarón
Rolda de prensa de Toni Otero no Estadio Municipal de Pasarón / Cristina Saiz

Reforzar tres posicións concretas é o obxectivo do Pontevedra Club de Fútbol no tramo final do mercado de fichaxes, segundo recoñeceu este luns en rolda de prensa o director deportivo do club granate, Toni Otero.

Esas demarcacións serían as do lateral esquerdo, un futbolista para o centro do campo e outro máis para a liña de mediapunta. Para iso "son tres fichas sénior libres las que quedan y tres sub-23 y a partir de ahí hay que aceptar y tener calma", explicou o responsable da planificación deportiva.

No primeiro deses postos "tengo en mente un jugador, y mientras tenga opciones voy a seguir manteniendo esa vía abierta. Me han llegado muchas propuestas, pero quiero ese jugador y voy a esperar por él", defendeu Otero. Ademais desa negociación a intención da dirección deportiva é dar opción ao segundo posto de lateral a un canteirán como Pablo López, aínda que a decisión final será do novo adestrador á espera de que "vea cómo es y si realmente tiene hueco".

Toni Otero: "Son tres fichas sénior libres las que quedan y tres sub-23 y a partir de ahí hay que aceptar y tener calma"

En canto á planificación Toni Otero, que deu por pechadas o resto de liñas do equipo, confirmou que o central canteirán Pacheco contará con ficha sénior do primeiro equipo "porque ya no es sub-23", mentres que no caso de Iñaki "hemos hablado con él y valoraremos la situación en pretemporada".

Desta forma, sen sumar a Iñaki na lista do primeiro plantel serían a día de hoxe 16 os futbolistas confirmados cos gardametas Álvaro Cortés e Pablo Cacharrón; os defensores Churre, Santi, David Soto, Diego Seoane, Samu e Pacheco; os centrocampistas Javi Rey, Romay, Álex González, Oier Calvillo e Brais Abelenda e os dianteiros Charles, Rufo e Martín Diz.

O ADESTRADOR ANGEL RODRÍGUEZ "CREO QUE ES EL INDICADO"

Na súa comparecencia Toni Otero valorou tamén a contratación de Ángel Rodríguez como adestrador. "Mi relación con él es grande, nuestro entendimiento es grande y fue uno de los factores determinantes", defendeu agradecendo ao resto de candidatos ao posto "por esperar y aguantar, pero al final sólo puede ser uno".

O preparador, como axudante de Paco Herrera, coincidiu con Otero primeiro no Celta de Vigo e despois nas Palmas, antes de iniciar a súa carreira en solitario nas filas do Langreo asturiano na Segunda División  B. Asina por unha tempada e chegará só, acompañándose no corpo técnico por homes da casa granate.

"El fútbol lo vemos de la misma manera", explicou o director deportivo, o que pasa por tentar propoñer "equipos de juego, de dominio, exigentes e intensos", todo iso con "una apuesta por la cantera y por la gente de aquí".

Ángel Rodríguez será presentado oficialmente nos próximos días.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora