Un Leganés irresistible sentenza o Arxil

Pontevedra
18 de xaneiro 2025
Actualizado: 21:20

O conxunto pontevedrés non puido facer nada para rascar algo positivo da capital. Forster foi a máxima anotadora do Arxil con 21 puntos

Partido entre Club Baloncesto Arxil e Domusa Teknik ISB no CGTD
Partido entre Club Baloncesto Arxil e Domusa Teknik ISB no CGTD / Cristina Saiz

O Innova TSN Leganés superou o Club Baloncesto Arxil desde o inicio, impondo un ritmo frenético que as visitantes non lograron seguir.

O xogo defensivo e a efectividade en ataque das locais foi demoledor no primeiro cuarto e desbordaron por completo ao quipo pontevedrés, que non atopou a maneira de frear ao seu rival (22-8).

Con esa cómoda vantaxe, o Leganés relaxouse no segundo cuarto, pero a pesar dos intentos do Arxil por recortar distancias, as madrileñas aguantaron para irse ao descanso cunha renda de 14 puntos (36-22).

Tras o paso polos vestiarios, o cadro local volveu á carga e deixou o partido sentenciado (60-34), dando paso así aos últimos dez minutos nos que as verdes lograron reducir a diferenza, pero non o suficiente como para remontar o partido (73-57).

Forster foi a máxima anotadora do equipo arxilista con 21 puntos.

Consulta as estatísticas neste enlace