O Leis non prolonga a súa serie e cae ante o Zamora

Pontevedra
01 de marzo 2026
Actualizado: 11:20

Tropezo do Exlabesa Leis fronte o Zamora tras once xornadas consecutivas sen coñecer a derrota (3-5). Os de Santi Valladares seguen líderes cunha cómoda vantaxe de once puntos

Partido entre Leis Pontevedra e Lugo Sala
Partido entre Leis Pontevedra e Lugo Sala / Cristina Saiz

O regreso de Leis ao Pavillón Monte Carrasco tras dous partidos consecutivos a domicilio non foi o desexado. O cadro pontevedrés sucumbiu ante un rival de metade de táboa, o Zamora, para pór fin a súa espectacular serie de once xornadas consecutivas sen coñecer a derrota (3-5).

Comezou axitado un encontro no que os locais non lograron porse por diante no marcador en ningún momento. Nicolás Rondón fixo o primeiro para a Caixa Rural River Sala Zamora cando apenas transcorreran uns segundos de partido.

A reacción foi inmediada e Said anotou o tanto do empate para o Leis apenas uns segundos despois.

Tras uns minutos de tenteo volveu golpear o conxunto visitante co gol de Samuel no minuto 8. Aínda que a reacción non foi tan inmediata, os de Santi Valladares empatarón de novo a dous minutos do descanso grazas ao gol de Iván Domínguez (2-2).

Esta vez foi o Zamora quen devolveu o golpe apenas dous minutos despois. Iván Gregorio fixo o 2-3 xusto antes do ecuador para pór ao conxunto zamorano por diante por terceira vez no que ía de encontro.

O autor dese terceiro tanto se converteu nun pesadelo para o Leis, pois nada máis arrincar o segundo tempo volveu aparecer para pór o 2-4 e aumentar así a vantaxe sobre o cadro pontevedrés.

Os dous goles de diferenza fixeron moito dano ao equipo local, que non baixou os brazos e creu na remontada. Mosaab deulle emoción ao tramo final tras anotar o 3-4 a falta de 6 minutos para a conclusión.

Insistiu o Leis por activa e por pasiva, pero no último minuto esfumouse calquera posibilidade de empatar o partido co gol de Samuel Borjas. O xogador do Zamora fixo o quinto tanto dos seus para pechar o partido cun definitivo 3-5 no marcador.

A pesar da derrota, o Leis mantén unha cómoda vantaxe de once puntos respecto ao segundo clasificado, o Lugo Sala. A falta de sete xornadas para o final de liga, a situación continúa sendo favorable para que o equipo lerezano logre o primeiro posto.

A próxima xornada, os de Santi Valladares visitarán ao Concello de Begonte FS, pechacancelas con 0 puntos na súa conta.

Consulta a acta neste enlace.