Lolo Penas e Paula Mayobre, gañadores do segundo medio maratón Maralba

O Salnés
22 de maio 2016

A carreira popular, entre O Grove e Sanxenxo, reuniu na súa segunda edición a preto de 600 atletas nunha mañá deportiva na que a choiva respectou aos corredores

Participantes da II edición do medio maratón Maralba, entre O Grove e Sanxenxo
Participantes da II edición do medio maratón Maralba, entre O Grove e Sanxenxo / PontevedraViva

A segunda edición do medio maratón Maralbatur congregou este domingo a preto de 600 atletas nunha animada mañá deportiva.

Axudados por ausencia da choiva, que ameazaba con deslucir a proba, os deportistas populares saíron do Grove á primeira hora da mañá para completar os 21 quilómetros de percorrido do medio maratón ata a praia de Silgar, en Sanxenxo.

Os últimos metros da proba foron pola area da propia praia, onde estaba situada a chegada.

O primeiro en chegar á liña de meta foi Lolo Penas, cun tempo de 1:08:44, seguido por Akka Essaadaoui (1:09:40) na segunda posición e Elías Domínguez na terceira (1:11:40).

Na categoría feminina a vencedora foi Paula Mayobre (1:22:07), completando o podio Beatriz Fernández (1:25:41) e Mónica Granero (1:26:16).

Antes da carreira, ademáis, rendeuse unha sentida homenaxe a Juan Figuero, un dos mellores atletas galegos da década dos 70 e 80.

Consulta aquí as clasificacións do segundo Maralbatur.