Lourdes Domínguez Lino recibiu este sábado unha merecida homenaxe de todo o tenis autonómico, reunido en Pontevedra.
Tras tres días de competición no Casino Mercantil co Master Galego, que reunía aos 16 mellores tenistas do ránking, o Pazo da Cultura acolleu a Gala do Tenis.
Polo escenario foron pasando os campións galegos de 2016 e o resto de premiados, pero ningunha ovación igualou á da pontevedresa.
A mellor tenista galega da historia recibiu un premio especial á súa longa traxectoria profesional no momento máis emotivo da gala, e animouse mesmo a acompañar a un grupo de baile galego.
Foi o broche final perfecto a unha frutífera carreira que a levou ata o posto 40 do ránking WTA e a pechar a tempada durante 10 anos entre as 100 mellores raquetas do mundo.