Lúa Piñeiro conquista en Turquía un novo bronce internacional, o terceiro en apenas oito días

Umia
03 de decembro 2014

Novo éxito internacional da taekwondista Lúa Piñeiro. A de Caldas, deportista do Natural Sport Riveira, logrou a medalla de bronce -a terceira que acada esta semana- no Open de Turquía que se celebrou esta fin de semana na localidade de Antalaya

Lúa Piñeiro (de azul), nun dos torneos internacionais nos que participou
Lúa Piñeiro (de azul), nun dos torneos internacionais nos que participou

Novo éxito internacional da taekwondista Lúa Piñeiro. A de Caldas, deportista do Natural Sport Riveira, logrou a medalla de bronce -a terceira que acada esta semana- no Open de Turquía que se celebrou esta fin de semana na localidade de Antalaya.

Competindo na categoría de -67 quilogramos, Lúa Piñeiro comezou a competición nos dezaseisavos de final contra a turca Guldane Beyza Erel, á que superou sen excesivos problemas (3-0). Nos cuartos viuse cara a cara fronte a outra turca, Kübra Kiyi e volveu a gañar (1-0).

Así garantía unha medalla e nas semifinais tocoulle unha durísima rival, a crota Anic Franka, que foi terceira no último campionato do mundo. Lúa fixo un grandísimo traballo e deu a cara ata o último segundo, no que Franka logrou conectar un golpe que lle deu a vitoria (1-0) e o pase a final.

A caldense colgouse así o bronce, que se suma aos acadados por ela en París e no Europeo de clubs. Logra ademais máis puntos para o ranking mundial xa que o de Turquía é un torneo do grupo 1 e por tanto puntuable para a clasificación anual deste deporte.