Lua Piñeiro e Fernando Rascado ensinarán taekwondo en Cuntis

Umia
25 de setembro 2019

O Concello de Cuntis volve apostar por unha oferta cultural e deportiva "moi ampla". Para este novo curso, volven celebrar as actividades tradicionais ás que se engaden os Sábados de Cinema con refresco e flocos de millo e as clases de taekwondo para os máis pequenos coa internacional Lua Piñeiro e Fernando Rascado

Lúa Piñeiro durante un combate
Lúa Piñeiro durante un combate

O Concello de Cuntis volve apostar por unha oferta cultural e deportiva "moi ampla". Para este novo curso, apostan polas actividades tradicionais pero inclúen dúas novas.

Por unha banda, para a aposta cultural incorpóranse os Sábados de Cinema con flocos de millo e refrescos. As proxeccións realizaranse todos os sábados, a partir do 28 de setembro, na Casa do Médico.

Con respecto á oferta deportiva, Cuntis incluirá na súa programación as clases de taekwondo de dous mestres da categoría como son a internacional Lua Piñeiro e Fernando Rascado. Os medallistas serán os encargados de impartir os seus coñecementos sobre este deporte aos máis pequenos para que poidan penetrarse nesta modalidade deportiva.

As clases serán os luns e xoves e estarán divididas en dúas categorías. Para os nenos e nenas de 3 e 5 anos serán as de psicomotricidade que se impartirán de 16:00 a 17:00 horas, e, para os maiores de 5 anos, poderán acudir ás da especialidade de taekwondo e serán de 17:00 a 18:00 horas.