As opcións eran remotas, pero esta fin de semana apagáronse por completo. Lúa Piñeiro non estará nos Xogos Olímpicos de Río 2016.
A deportista caldense tiña complicada a súa presenza en Brasil, tendo en conta que non lograra a súa clasificación directa por ránking. Dependía do preolímpico continental de Istambul, no que a Federación Española optou por buscar o pasaporte no seu peso, os -67 quilos, con Marta Calvo.
Marta debía lograr o billete olímpico e despois a Federación decidiría o equipo definitivo, pero en Turquía a española caeu en cuartos de final.
Desta forma o equipo nacional de taekwondo contará con tres representantes en Río, xa que a Joel González e Eva Calvo uniuse no preolímpico Jesús Tortosa.