Lucas Lopes, do Supermercados Froiz, triunfa en Porriño

Pontevedra
16 de xuño 2024

Fin de semana vitoriosa para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz no Gran Premio Concello do Porriño. O corredor luso Lucas Lopes logrou o primeiro posto na xeral e na clasificación de montaña, mentres que Miguel Rodríguez fíxose coas metas volantes  

Lucas Lopes, no podio do GP Concello de Porriño
Lucas Lopes, no podio do GP Concello de Porriño / GD Supermercados Froiz

Fin de semana vitoriosa para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz no Gran Premio Concello do Porriño. O corredor luso Lucas Lopes logrou o primeiro posto na xeral e na clasificación de montaña, mentres que Miguel Rodríguez fíxose coas metas volantes.

Foron 50 quilómetros con tres subidas (Alto de San Cosme e dous pasos por Abelenda marcados pola choiva e o forte vento, que condicionaron gran parte da carreira.

A primeira parte da carreira transcorreu pola zona de Tomiño, A Guarda, Oia, Baiona sendo un tramo totalmente plano onde daba o vento de costas, polo que as escapadas, a pesar dos intentos, foron imposibles de realizar.

Foi no primeiro porto de montaña onde se produciron diferenzas e produciuse unha escapada con Miguel Rodríguez e un corredor do Cortizo, pero pouco despois do alto foron neutralizados polo grupo perseguidor.

Lucas Lopes atacou no segundo e tentouno en solitario, pero foi na última subida na que abriu unha brecha insalvable que lle permitiu cruzar a liña de meta en primeira posición a 40 segundos dos seus perseguidores, rompendo así co dominio galego do Padronés-Cortizo.

Cun tempo de 3:10:34 o portugués fíxose co primeiro posto dun podio que o completaron os deportistas do equipo de Padrón Marc Torres (3:11:01) e Jason Huertas (3:11:16). Miguel Rodríguez, pola súa banda, foi noveno na clasificación xeral cun crono de 3:11:19.