Os proxectos para a nova tempada seguen cobrando forma tanto en Poio como en Marín, con renovacións, fichaxes e despedidas dalgunhas das súas xogadoras.
O Poio Pescamar, co obxectivo do play-off en mente, renovou a unha das súas pezas clave como é Luci Gómez. A internacional con España renova polo menos por un ano máis e cumprirá así a súa terceira tempada como vermella.
A pasada campaña disputou case todos os partidos como titular marcando un total de 16 goles. Nestes momentos, a coruñesa está concentrada coa Selección Española en Gondomar (Portugal) onde esta tarde xogará a final por levantar o trofeo do campionato de Europa (España-Portugal, 19:00 horas).
Pola contra, o Marín Futsal despídese á brasileira Gaby despois dunha tempada vestindo a camiseta do club.
A tricampióna/tricampioa mundial con Brasil chegou como reforzo de luxo para axudar ao equipo para conseguir a permanencia na máxima categoría do fútbol sala onde marcou catro goles.