Luis de la Fuente destaca en Pontevedra o potencial do fútbol galego e a súa aposta polo talento novo

Pontevedra
28 de setembro 2024

A sede de Afundación de Pontevedra foi escenario este sábado 28 de setembro unha nova edición do 'Día do Adestrador', un evento organizado pola Real Federación Galega de Fútbol no que recoñece aos adestradores de honra de fútbol, fútbol sala, fútbol praia e fútbol gaélico  

Gala do 'Día do Adestrador'
Gala do 'Día do Adestrador' / Lalo R. Villar / Federación Galega de Fútbol

A sede de Afundación de Pontevedra foi escenario este sábado 28 de setembro unha nova edición do 'Día do Adestrador', un evento organizado pola Real Federación Galega de Fútbol no que recoñece aos adestradores de honra de fútbol, fútbol sala, fútbol praia e fútbol gaélico.

Nesta ocasión, os grandes protagonistas foron Luis de la Fuente e Santi Denia, que recibiron a Medalla de Ouro da Futgal polos seus recentes logros á fronte das seleccións nacionais. O primeiro gañou a Eurocopa, e o segundo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de París.

"Faime moita ilusión estar hoxe en Pontevedra, teño moi bos recordos e bos amigos", sinalou Luis de la Fuente, quen expresou a súa satisfacción e "orgullo inmenso" por recibir este galardón por parte da Federación Galega.

O seleccionador nacional destacou tamén a saúde do fútbol galego, a cal tachou de "marabillosa" especialmente en canto á base refírese. "A sub-21 e eu contamos con moitísimos galegos. É envexable a saúde e a proxección de fútbol galego", mencionando a proxección dos xogadores de base e subliñando a importancia de coidar as canteiras, as cales considera "o futuro do fútbol español".

De la Fuente fixo referencia tamén a Iago Aspas e Óscar Mingueza, "dúas grandísimos futbolistas" do Celta de Vigo que "teñen as portas da selección abertas", aínda que sinalou que "afortunadamente hai moita competencia" no equipo.

O adestrador falou tamén da lesión de Rodri e da carga de partidos á que se está sometendo aos xogadores, destacando a necesidade de "buscar o equilibrio no calendario e a saúde dos futbolistas. Polo ben do fútbol tense que chegar a un acordo", resaltou.

Por último, Santi Denia encomiou o traballo que está a facer Claudio Giráldez no Celta de Vigo ao apostar por tanta xente nova e anímaos "a que sigan traballando duro e teñan minutos en Primeira División, porque nós estamos encantados".

Na mesa redonda que se levou a cabo tamén participaron Pablo Amo, segundo adestrador de Luis de la Fuente na selección nacional e Antonio Vadillo, que vén de ser recoñecido como o mellor adestrador de fútbol sala do mundo polos seus éxitos co Palma Futsal.