Luis Montes pide apoio ante un duelo "clave" porque "cuando el Municipal aprieta los jugadores lo notan"

Pontevedra
22 de febreiro 2019

O Teucro conxúrase para lograr os dous puntos en xogo este sábado (20:30 horas) no Municipal ante o Anaitasuna que lle permitan seguir na pelexa pola permanencia antes da fase máis dura do calendario. As lesións seguen castigando aos azuis, que contan coa dúbida "muy seria" de José Manuel Rial

Luis Montes, nun adestramento do Teucro
Luis Montes, nun adestramento do Teucro / Mónica Patxot

O Pavillón Municipal dos Deportes acollerá este sábado (20:30 horas) unha partido "clave" nas aspiracións da Sociedad Deportiva Teucro, que recibirá o  Anaitasuna navarro despois dunha semana marcada polos problemas extradeportivos debido á ameaza de sanción por falta de pagamentos nas arbitraxes.

Desa importancia cualifícao Luis Montes, xa que tras este partido chegará a fase máis dura do calendario con duelos consecutivos ante Ademar, Granollers e Bidasoa.

"Son dos puntos muy importantes para nosotros y se tienen que quedar en Pontevedra", reitera o técnico pontevedrés, e para iso toda axuda será pouca. Por ese motivo o preparador teucrista fixo un chamamento á afección porque "cuando el Municipal aprieta los jugadores lo notan".

As lesións seguen castigando duramente o Teucro, que ás baixas ata final de tempada de Juan Quintas e Cangiani suma esta semana a "muy seria duda" de Rial, tal e como recoñece Montes a pesar de que non o quere dar por descartado por completo. Ademais Moyano, aínda que con mellores sensacións, segue entre algodóns.

Ao Municipal chegará este sábado o duodécimo clasificado da Liga Asobal, un  Anatasuna que acumula 14 puntos (polos 9 dos pontevedreses) pero que "es un equipo más peligroso que en la primera vuelta", avisa o adestrador local sinalando á recuperación de Mikel Aguirrezabalaga e ao nivel nas últimas semanas do vigués Borja Méndez na dirección de xogo.

Os colexiados do encontro serán os valisoletanos Luís Ignacio Colmenero Guillén e Víctor Rollán Martín.