Luismi, ante a volta da Copa RFEF: "No todos los días se juega una final"

Pontevedra
10 de abril 2018

O técnico granate confirma que seguirá confiando na segunda unidade do equipo, xunto a futbolistas da base, para a final do torneo copeiro, xa que "con esa idea hemos llegado a la final y con esa idea vamos a terminar"

Luismi, na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón
Luismi, na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón / PontevedraViva

A segunda unidade do Pontevedra, cos futbolistas que menos minutos acumularon en liga nas últimas semanas, xunto a xogadores da base, seguirá tendo protagonismo na volta da final de Copa Federación deste mércores (20:00 horas) en Pasarón ante o Ontinyent.

"Con esa idea hemos llegado a la final y con esa idea vamos a terminar", confirmou Luismi este martes na rolda de prensa previa ao choque.

O técnico por tanto repartirá minutos pensando de novo na liga, cun importante duelo no horizonte ante o Guijuelo o vindeiro domingo, pero non renuncia á idea de conseguir levantar o título.

Luismi: "Tenemos que intentar ganar el partido. Si pensamos en el resultado de la ida lo vamos a pasar mal"

"No todos los días se juega una final", asegura, e por iso o equipo non especulará coa vantaxe que logrou na ida (0-1). "Tenemos que intentar ganar el partido. Si pensamos en el resultado de la ida lo vamos a pasar mal", vaticina o preparador granate.

O Pontevedra afrontará a cita copeira coas únicas ausencias por lesión de Nacho López e de Jimmy, xa que Marcos Álvarez iniciou a semana co grupo tras perder o último encontro de liga por unha sobrecarga.

Luismi espera ademais que a cita ante o Ontinyent "sea el gancho para el domingo" en relación á afección, á que pediu que "venga a disfrutar".

Tamén compareceu ante os medios o capitán Edu Sousa, que se mostrou convencido de que "no vamos a desaprovechar la oportunidad" de gañar unha Copa Federación que "es una competición a pesar de lo que la gente piense nos ha ayudado a coger moral".