O Campionato de Europa Absoluto de Loita Olímpicas que se celebra esta semana en Bratislava, capital de Eslovaquia, foi esquivo a Lydia Pérez Touriño.
A pontevedresa acudía á cita con esperanzas de poder loitar por avanzar no cadro e achegarse ás medallas, pero cedeu nun duro enfrontamento de oitavos de final.
O certo é que non tivo un sorteo sinxelo, xa que a súa rival era a búlgara Bilyana Zhivkova Dudova, actual número un do ranking mundial.
Dudova xa foi campioa mundial e europea en 2021 nun peso inferior (59 quilos), e en 2023 subiu tamén ao podio continental nos 62 quilos.
A pesar da dificultade Lydia plantoull cara, pero acabou por claudicar por VPO (3-0), quedando a expensas do que facía a búlgara nos seus seguintes combates para saber se podía acceder polo menos á repesca pola medalla de bronce.
J 4️⃣ | Europeo Senior 🇪🇺
— Federación Española de Lucha (@lucha_esp) April 10, 2025
⚔️ 1/8 ⚔️
❌️ Lydia 🆚️ 🇧🇬 (by VPO)
🤞 Toca esperar repesca#LuchaESP 🇪🇸 pic.twitter.com/6WdPW9TyWk
Con todo contra todo pronóstivo Bilyana Zhivkova Dudova viuse sorprendida nos cuartos de final pola ucraína Iryna Bondar.
Ese resultado pechou definitivamente a opción de repesca e a participación da deportista do Club Loita Pontevedra no Campionato de Europa Absoluto.
Tratábase en todo caso da primeira gran competición internacional da tempada pero non a única, xa que no horizonte aparece no mes de setembro outra cita marcada en vermello no calendario, o Campionato do Mundo que se celebrará en Zagreb