Lydia Pérez cae en primeira rolda do preolímpico de Bakú

Pontevedra
06 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A loitadora pontevedresa Lydia Pérez caeu na primeira rolda do preolímpico europeo de Bakú e terá que xogarse a praza para os Xogos Olímpicos de París no mes de maio en Istambul  

Lydia Pérez
Lydia Pérez / Federación Española de Lucha

A loitadora pontevedresa Lydia Pérez caeu na primeira rolda do preolímpico europeo de Bakú e terá que xogarse a praza para os Xogos Olímpicos de París no mes de maio en Istambul.

Non foi un bo día nin para Lydia nin para as outras dous deportistas españolas, Aitzane Gorria e Graciela Sánchez, que perderon nos seus respectivos enfrontamentos e tamén en primeira rolda.

A galega cedeu en 62 quilos ante a cuádrupla campioa de Europa, a letona Anastasija Grigorjeva (9-0), Gorria caeu en 50 quilos contra a francesa Julia Martínez e Sánchez, en 57 quilos diante a húngara Erika Bognar (5-0).

Agora, as tres loitadoras españolas terán a súa última oportunidade para conseguir un billete para París no Clasificatorio Olímpico Mundial que se celebrará do 8 ao 12 de maio en Istambul.