Acudía á cita despois dunha intensa preparación, que incluíu unha concentración de dúas semanas en Rusia, e coa ilusión de poder pelexar polos postos de honra, pero non puido ser así.
Lydia Pérez Touriño, deportista do Club de Loita Pontevedra, despediuse en oitavos de final do Campionato de Europa Junior de Loitas Olímpicas que se celebra estes días na localidade alemá de Dortmund.
A pontevedresa, única representante española na competición feminina, cedeu na categoría de -59 quilos ante a francesa Metty Phoebe Aglae Gremeron, por un tenteo de 10-7.
Esta é a última tempada como junior de Lydia Pérez, que o próximo ano competirá na categoría sub-23 e tamén na absoluta, onde a pesar da súa mocidade a nivel nacional colocouse xa na elite do seu deporte.