Máis de 550 atletas participan nunha vistosa +10 Marín

Marín
02 de agosto 2015

Víctor González (32:13) e Anais Rivas (37:41) proclamáronse vencedores da proba, disputada nun circuíto habilitado no centro de Marín e que serviu un ano máis de homenaxe a Manuel Rosales

IV +10 Marín Manuel Rosales
IV +10 Marín Manuel Rosales / Diego Torrado

Éxito de participación na cuarta edición da carreira +10 Marín Manuel Rosales Gran Premio Ence, celebrada na tarde noite do sábado nun circuíto habilitado no centro da vila.

Un total de 564 atletas completaron a proba absoluta, que partiu ás 22:00 horas tras homenaxear un ano máis na liña de saída ao deportista local Manuel Rosales.

Unha hora antes a quenda fora para as carreiras das categorías inferiores.

En categoría absoluta os máis rápidos en completar os 10.000 metros de percorrido foron Víctor González en categoría masculina (32:13) e Anais Rivas na feminina (37:41).

Consulta aquí a clasificación completa da +10 Marín.