Máis de medio centenar de participantes na XXI edición do Virxe Peregrina de pesca submarina

Pontevedra
25 de agosto 2019

Todas as capturas da xornada desde domingo en San Vicente son doadas á Fundación Amigos de Galicia, que as reparte entre as familias en situación de risco de exclusión

Pesada das capturas do XXI Campionato de Pesca Submarina de San Vicente
Pesada das capturas do XXI Campionato de Pesca Submarina de San Vicente / Diego Torrado

Como vén sendo habitual, a praia da Barrosa de San Vicente acolleu, este domingo, o Campionato de Pesca Submarina Virxe Peregrina, que este ano chegou á súa vixésima primeira edición. Como cada ano, o Club Sotavento é o organizador da cita que atrae a unha gran cantidade de afeccionados a esta actividade.

Máis de medio centenar de persoas acudiron á mencionada praia para tomar parte na competición, que se desenvolveu entre as 9:00 e as 13:00 horas. Isto supón un considerable aumento na participación respecto ao pasado ano.

Xa pola tarde, foi na Praza da Verdura de Pontevedra onde se realizou a pesada das pezas capturadas. Estas serán doadas, como ocorre en cada edición, á Fundación Amigos de Galicia, que as repartirá entre varias familias en situación de precariedade e risco de exclusión, especialmente aquelas con menores ao seu cargo. Desta maneira, contribúese á proporción de sustento a veciños da zona.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora