Majadahonda espera a un Poio Pescamar á alza

Poio
15 de novembro 2019

O conxunto vermello visita este sábado (20:00 hora) a cancha do Majadahonda na busca do seu segundo triunfo consecutivo en liga 

Partido entre Poio Pescamar e Atlético Navalcarnero na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Atlético Navalcarnero na Seca / Diego Torrado

O Poio Pescamar busca este sábado (20:00 horas) na cancha do Majadahonda o seu segundo triunfo consecutivo en liga, que lle permita confirmar unha tendencia á alza no obxectivo de acurtar a distancia que lle separa do cuarto posto.

A vitoria da pasada semana en casa ante o Móstoles reactivou ás vermellas, sextas con 16 puntos e a 5 do play-off.

As xogadoras adestradas por Raúl Jiménez viaxan á comunidade madrileña coa lección aprendida e sen fiarse dun rival que a pesar de que marcha na zona baixa da táboa (13º con 7 puntos) "sempre é un equipo incómodo", aseguran.

"A pesar de dónde están en la clasificación creo que tenemos agachar la cabeza y pelear cada balón",, confirmou na previa Irene García.

Antía Pérez, que será operada da súa lesión de xeonllo o vindeiro martes 19 de novembro no hospital vigués de Fátima, é a única baixa no primeiro plantel do Poio, que se desprazan a Majadahonda cunha convocatoria composta por Silvia Aguete, Caridad, Carol, Irene García, Clara, Mirian, Anna Escribano, Daniella Sousa, Ana Rivera, Iria Saeta e Andrea Feijóo.