Malestar pola non inscrición de catro nadadores do Galaico no XXXIII Memorial Juan Varela de Ferrol

Pontevedra
22 de abril 2015

O pai dun destes nadadores, bolseiros todos eles do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, denuncia que non deixan competir o seu fillo "pese a que no supone coste". O club argumenta que renunciara previamente a acudir como equipo á competición ante o cargado do calendario

Campionato Galego de Natación de Longa Distancia en Ponte Muíños
Campionato Galego de Natación de Longa Distancia en Ponte Muíños / Diego Torrado

A decisión de que non acode o próximo 25 de abril ao XXXIII Memorial Juan Varela, organizado polo Marina Ferrol, derivou nunha situación molesta dentro do Club Natación Galaico.

Catro nadadores bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, tres rapazas e un rapaz con idades entre os 15 e 17 anos e que contan coa ficha federativa no club pontevedrés, non poderán acudir á cita malia o interese da súa adestradora no centro de alto rendemento.

O pai dun destes deportistas, Fernando Sánchez, denunciou que o Galaico non tramitou as inscricións: "He solicitado por escrito en varias ocasiones que me indicasen cuales eran los motivos en los que la Junta Directiva basaba su decisión, sin que haya recibido respuesta", sinala.

Todo, segundo Sánchez, malia que "el desplazamiento no supone coste" para unha entidade, o Natación Galaico, "que es el club que más nadadores tiene en el CGTD y el único que no los manda a este trofeo".

A situación foi posta en coñecemento do presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Bremón, e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

O GALAICO NON DESPRAZA O EQUIPO POLO APERTADO DO CALENDARIO

Dende o Club Natación Galaico o seu presidente, José Miguel Cano, defendeu a posición da entidade, que non competirá en Ferrol "porque tenemos más competiciones y por desgracia no podemos ir a todas".

Cano indica que non accederon á petición do CGTD ao producirse despois da renuncia e porque "el club no hace distinciones con ningún nadador, tratamos igual a Bea Gómez que a un promesa", argumentou.

Ademais o presidente do Galaico confirmou que están a preparar "la asistencia al Torneo Internacional de Gijón y el calendario no da para más", competicións para as que contarán se é preciso cos nadadores afectados nesta ocasión.