Manu Cossío espera un partido "muy igualado" nos oitavos de Copa da Raíña ante o Ourense Envialia

Poio
03 de xaneiro 2021

Despois do parón polas vacacións de Nadal, o Poio Pescamar volve este luns ao rodo para disputar os oitavos de final da Copa da Raíña no Pavillón da Seca a partir das 20:00 horas. Será a partido único, onde se enfrontarán ao Ourense Envialia, "rival difícil" en palabras do técnico vermello, Manu Cossío

Manu Cossío no partido amigable entre Poio Pescamar e Viaxes Amarelle na Seca Cristina Saiz

Despois do parón polas merecidas vacacións de Nadal, o Poio Pescamar volve este luns ao rodo para disputar os oitavos de final da Copa da Raíña no Pavillón da Seca a partir das 20:00 horas.

Será un duelo de titáns a partido único no que se enfrontarán ao Ourense Envialia, "rival difícil" en palabras do técnico vermello, Manu Cossío. "Empezaron titubeantes, se nota la baja de Sara Moreno pero supieron reconducir la situación y están logrando buenos resultados tanto en Copa como en Liga", explica.

"Se espera un partido muy igualado", recoñece Cossío, que poderá contar con todo o seu plantel para disputalo. Aínda que as malas conexións de transportes impediron a Miriam estar nos adestramentos do sábado e do domingo pola mañá, a xogadora murciana chega para a última concentración antes da cita, este domingo pola tarde.

O encontro poderá verse a través da canle de Youtube do Poio Pescamar.