Marco Rodrigues, terceira baixa do Cisne

Pontevedra
14 de xuño 2024

O lateral brasileiro, que reforzara ao Cisne no tramo final de tempada, non prolongará a súa estancia en Pontevedra

Partido de liga entre Cisne e Villa de Aranda no Municipal
Partido de liga entre Cisne e Villa de Aranda no Municipal / Cristina Saiz

Terceira baixa no Club Cisne Balonmán para a próxima tempada.

O equipo pontevedrés comunicou que Marco Rodrigues non continuará no equipo, poñendo fin así a unha breve estancia na Boa Vila.

O lateral brasileiro reforzara o Cisne no tramo final de competición debido á súa praga de baixas por lesión, chegando procedente do Balonmano Elda da Primeira Nacional. Segundo informa o cadro cisneísta agora regresará á localidade alacantina.

Marco Rodrigues únese desta forma á lista de saídas nas que xa figuraban Rubén Etayo e Dani Serrano.

JABATO E ALBERTO DELGADO, COA MIRA NO EUROPEO JÚNIOR

Por outra banda o adestrador do Cisne, Javier Fernández 'Jabato', deu a coñecer a lista de convocados da Selección Española Júnior que tamén dirixe de cara ao torneo Airport Trophy que se disputará a finais de xuño en Suíza e ao Europeo da categoría do próximo mes de xullo.

Na lista figura o extremo cisneísta Alberto Delgado.