A nadadora do Club Natación Galaico, María Vilas, proclamouse onte subcampioa de España nos 1.500 libres cunha marca de 16 minutos e 47 segundos no Campionato de España que se está celebrando en Terrasa. Na mesma competición a pontevedresa Bea Gómez rematou a súa participación na final do 400 estilos en segunda posición.
Neste campionato están a participar tamén, Bruno Rey e Marc Ciruana. Pola súa banda, Carla Goyanes finalizou no décimo noveno lugar a súa participación na proba de 10 quilómetros do Europeo Júnior de Augas Abertas que se está celebrando en Racice, na República Checa. A nadadora do Galaico, que completou a travesía cun tempo de 2.09.22, viuse lastrada por unhas condicións meteorolóxicas que non eran as máis adecuadas, ademais o grupo impuxo un ritmo moi forte desde o principio e Goyanes non foi capaz de alcanzar ás máis adiantadas.
Na Copa Asturias de augas abertas, Cristian Fernández terminou cuarto, Alex Lages, sétimo; e Jacobo Ucha vixésimo, primeiro.