Marín e Ribadumia, no calendario autonómico de BTT Cros Country Olímpico

Marín
03 de marzo 2022

Serán dúas das nove probas puntuables da Copa Galicia da especialidade que se celebrará entre o 3 de abril e o 7 de xullo

XI Open BTT Concello de Poio
XI Open BTT Concello de Poio / Diego Torrado

A Federación Galega de Ciclismo confirmou o calendario da Copa Galicia 2022 de Cros Country Olímpico (XCO).

O calendario desta modalidade autonómica de ciclismo BTT contará con nove citas puntuables desde o seu inicio o 3 de abril no Trofeo BTT Rallie Cidade de Ferrol.

Dous desas citas, concretamente as últimas e decisivas do calendario, terán lugar na comarca pontevedresa, concretamente en Marín e en Ribadumia.

O 18 de xuño está previsto o Xaxanbike 22 organizado polo club marinense XSM, mentres que o 9 de xullo a última proba da Copa será o XCO Kiwi Atlántico organizado polo Ribadumia C.C.

Entre medias disputaranse o XCO Caimanes o 9 de abril (Betanzos), o Trofeo XCO Concello do Porriño o 17 de abril, o Trofeo BTT- XCO Grupeta Pan de Zarko o 23 de abril (A Cañiza), o XCO Penas de Rodas o 14 de maio (Outeiro de Rei), o Gran Premio Concello de Cambre de BTT o 28 de maio e o XCO Concello de Oroso o 11 de xuño.