Duelo de necesitados o vivido este sábado no Pavillón dos Remedios entre Ourense e Marín Futsal, que puxeron fin á primeira volta e ao ano 2024 cun empate a tres.
Arrincou o partido moi de face para o conxunto marinense, que se adiantaba ao catro minutos de xogo cun tanto de Patri Corral, que aproveitou o despexe dun penalti botado por ela mesma para facer o 0-1.
Sen tempo para a reacción, Raquelilla, en xogada persoal, devolvía as táboas ao marcador, pero enseguida Carol Agulla, que debutaba co Marín, subía o 1-2.
Aumentou a intensidade o equipo local antes do descanso en busca do tanto do empate e finalmente logrou igualar cun gol de Sara Moreno, que culminou un rápido contragolpe.
Ao comezo do segundo tempo, Raquelilla aproveitou un pase entre liñas de Chiky para pór ao seu equipo por diante por primeira vez no encontro.
Entrou o partido na recta final e o equipo visitante optou polo xogo de cinco en busca dun empate que chegou por medio de Café, que recibiu dentro da área un pase de Miriam e enchufou o esférico en interior da portaría local para pór o 3-3 final.
Consulta a acta neste enlace