Co inicio do curso académico arrinca tamén a actividade das Escolas Deportivas Municipais de Marín.
O Concello confirmou a listaxe de deportes e disciplinas que ofertarán os clubs locais ao longo do curso 25-26.
Serán en total 21 as disciplinas deportivas dispoñibles.
Todo iso cun custo de 55 euros por neno, válido para todo o curso deportivo (do 1 de outubro ao 31 de maio).
O período de anotación irá do 8 ao 19 de setembro, tempo no que o formulario de inscrición estará dispoñible a través da páxina web do Concello de Marín e tamén contactando cos clubs organizadores de cada actividade.
Antes diso a Alameda e o Parque Eguren acollerán o día 5 de setembro ás 16.30 horas a tradicional festa de presentación das escolas.
Para o curso 25-26 as Escolas Deportivas Municipais de Marín ofertan as seguintes actividades:
- Paddle Surf - Imua Paddle Surf Club Aguete - Porto de Aguete
- Fútbol sala - Marín Futsal/CD La Peña - O Sequelo, A Cañota, Illa de Tambo, San Narciso
- Atletismo - Club San Miguel - Estadio Municipal San Pedro
- Taekwondo - Club Mat's - Rúa Inferniño 10
- Tríatlon - Club Deportivo Pinarium - Escola Naval, Piscina Municipal
- Voleibol - Club Deportivo SEI San Narciso - Colexio San Narciso
- Baloncesto - Club Baloncesto PeixeFresco Marín - Pavillón da Raña
- Ximnasia Rítmica - Club Rítmica Inmare - IES Mestre Landín
- Remo - Club de Remo Ría de Marín - Porto de Marín
- Kickboxing - Asociación de Boxeo de Pontevedra - CEIP Carballal
- Ximnasia Acrobática - Club Ximnasia Vila de Marín - Colexio San Narciso
- Natación - Soom Management - Piscina Municipal
- Vela - Real Club Mar de Aguete - Porto de Aguete
- Judo - Club Dom+ Judo Marín - Pavillón da Raña
- Fútbol - EF Vila de Marín - Estadio Municipal San Pedro
- Tenis - Club de Tenis Marín - Pavillón da Laxe
- Boxeo Olímpico - Team Thunder - Pavillón da Raña
- Ciclismo BTT - Clube XSM - Chan de Gagán
- Piragüismo - Club Piragüismo Tambo - Porto de Marín
- Pilates - Xestión de instalacións - Colexio San Narciso
- Salvamento - Club SAPO Pontevedra - Piscina Municipal