O Pavillón da Raña de Marín acollerá o próximo 19 de abril un Open Standard e Latino do circuíto da World Dance Sport Federation (WDSF), a Federación Internacional de Baile Deportivo.
Así o confirmou o goberno local, que asegura con esta cita e a Copa de España de Ximnasia Acrobática xa confirmada "sobe o nivel dos eventos de Marín".
O Open Standard e Latino é unha proba puntuable para o ranking mundial que reunirá na Raña a varias das mellores parellas a nivel internacional.
Tamén estará as mellores parellas nacionais e galegas, xa que coincidindo con esta competición se organizará o Campionato Galego de Latinos.