Marín pecha a inscrición das súas escolas deportivas municipais con 642 anotados

Marín
30 de setembro 2021

En todas as modalidades deportivas foron aceptadas todas as inscricións, a excepción de pádel e de natación

Presentación das Escolas Deportivas Municipais de Marín
Presentación das Escolas Deportivas Municipais de Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín finalizou o proceso de inscrición para a nova tempada das súas escolas deportivas municipais, que levantan o pano este mes de outubro.

Tras este trámite, informa o goberno local, aceptáronse un total de 642 inscricións de nenos e nenas nas diferentes disciplinas ofertadas, dando cabida a todas as peticións salvo en natación e en pádel.

En concreto o reparto de prazas por deporte foi:

  • Baloncesto: 57 (Marín Peixe Galego)
  • Ximnasia rítmica: 24 (Inmare) e 19 (Agarimo)
  • Ximnasia acrobática: 21 (Vila de Marín)
  • Fútbol sala: 30 (Marín Futsal) e 38 (La Peña)
  • Pilates: 17 (Alaia)
  • Remo: 28 (Club de Remo Ría de Marín)
  • Taekwondo: 20 (Mat's)
  • Waterpolo: 9 (Waterpolo Pontevedra)
  • Ciclismo BTT: 21 (XSM)
  • Atletismo: 21 (San Miguel)
  • Tenis: 45 (Club de Tenis Marín)
  • Judo: 68 (Dom+ Marín)
  • Fútbol: 38 (EF Villa de Marín)
  • Boxeo: 45 (Team Thunder)
  • Vela: 9 (Club de Mar Aguete)
  • Bádminton: 20 (Bádminton Marín)
  • Tríatlon: 44 (CD Pinarium)
  • Piragüismo: 14 (Piragüismo Tambo)
  • Natación: 30 (Soom)
  • Pádel: 24 (Pádel SEI SN)