A Comisión Executiva da Federación Española de Baloncesto fixo públicas as designacións das sedes dos Campionatos de España de Clubs das dúas próximas tempadas, así como da sede para as tres próximas edicións do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.
Desde a Federación Galega de Baloncesto explican que o Concello de Marín, en colaboración co club Peixe Galego volverán ser anfitrións do campionato de España de clubs de categoría infantil feminina. Así mesmo, Galicia será tamén sede deste campionato, tanto masculino como feminino, para a tempada 2023/2024.
Este ano, o campionato infantil masculino por equipos será en Badaxoz. Finalmente, o cadete masculino de clubs repite en San Fernando, mentres que se abrirá un novo prazo de presentación de ofertas para o feminino.
O Campionato de España 2022/23 de seleccións auonómicas de categoría minibasket trasladarase a Cataluña (Tarragona e Salou) nesta edición do 2023, aínda que as dúas seguintes tempadas disputaranse de novo en San Fernando. Ademais, as dúas categorías do campionato por equipos de categoría júnior (masculino e feminino) serán en Huelva.