O mellor judo nacional e autonómico encheu o Pavillón San Narciso de Marín esta fin de semana coa celebración da Copa A de España Absoluta e o Campionato de Galicia Infantil e Cadete.
A xornada abriuse o sábado coa disputa do campionato nacional no que participaron deportistas de delegacións como Portugal, Finlandia, Noruega e Panamá ademais de representantes dos equipos autonómicos de España.
O podio nesta ocasión formárono o país luso en primeira posición con 5 ouros, 4 pratas e 8 bronces; Madrid foi segunda con 4 ouros, 3 pratas e 5 bronces, e Galicia foi terceira con 2 ouros, 2 pratas e 2 bronces.
Finalizada a Copa de España, o domingo chegou a quenda dos judokas infantís e cadetes en representación dun total de 28 clubs de toda Galicia.
A Asociación deportiva Famu De Frutos foi a clara vencedora por equipos grazas aos 3 ouros, 2 pratas e 3 bronces conseguidos en Marín. Seguiulle en segunda posición o Forte Parque Sport, con 2 ouros e 1 bronce mentres que o Judo Club Finisterre completou o podio con dúas medallas de ouro.
No caso do Judo Club Pontevedra tívose que conformar con 1 prata e 1 bronce que lle outorga a praza 17 do Campionato Gallego.
Consulta nesta ligazón os resultados da Copa de España e nesta os do Campionato Galego