Marko Ribic non seguirá no Cisne

Pontevedra
22 de decembro 2025

O lateral esloveno e o club pontevedrés separan os seus camiños tres meses despois do inicio da tempada

Marko Ribic adestrando co Cisne
Marko Ribic adestrando co Cisne / Club Cisne Balonmano - Miriam Mariño

Chega o parón de Nadal e con el confírmanse movementos no Club Cisne Balonmán.

O club pontevedrés confirmou este luns a baixa de Marko Ribic.

O lateral esloveno, o último en incorporarse no verán á disciplina do equipo como fichaxe, non seguirá no Cisne na segunda volta do campionato.

"Desde o club agradecemos publicamente ao xogador esloveno a súa entrega, paixón e compromiso durante estes meses coa nosa camiseta", afirman desde a entidade da Boa Vila.

Tras este primeiro movemento o Cisne valora as súas opcións para afrontar a segunda parte da liga con garantías.

Os de Quiños non volverán competir na División de Honra Prata até o día 17 de xaneiro, cándo vistarán a pista do OAR Coruña.

Tras os últimos resultados han chegado ao parón do Nadal no undécimo posto da clasificación con 13 puntos.