O Pontevedra Club de Fútbol anunciou este luns a incorporación de Raúl Marqueta como novo gardameta do conxunto granate e a renovación de Edu Sousa.
Esta fichaxe e a renovación valen para "completar a portaría granate", segundo sinala o club nun comunicado.
Edu Sousa renova coa entidade, tras "completar unha gran tempada no Pontevedra CF".
O porteiro granate xogou 32 partidos na anterior tempada, deixando a portaría a cero en 15 ocasións.
MARQUETA
Pola súa banda, o porteiro maño, chega procedente do Ourense C.F., onde tras dous ascensos consecutivos chegou a xogar 33 partidos a pasada tempada en 1ª RFEF, conseguindo deixar a portaría a cero ata en 13 ocasións e encaixou 34 goles.
O gardameta ten 30 anos, en agosto celebrará o 31 aniversario, e mide 1,85 m. Entre outros equipos militou na SD Compostela, Conquense, Badalona e Casino Arzúa.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.