Mateo Arias, Martín Santos e Víctor Fernández, triple continuidade no Cisne

Pontevedra
22 de xullo 2024
Actualizado: 15:53

As renovacións de Martín e Víctor, xunto á continuidade dun Mateo que contaba cun ano máis de contrato, acelera a planificación do Cisne para a próxima tempada

Mateo Arias, no partido de liga entre Cisne e BM Guadalajara no Municipal
Mateo Arias, no partido de liga entre Cisne e BM Guadalajara no Municipal / Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán acelera na planificación do seu plantel para a próxima tempada.

O conxunto pontevedrés vén de confirmar a continuidade da súa dupla para o extremo esquerdo, e empeza xa a ter bastante perfilado o seu equipo.

Trátase dunha dobre confirmación, empezando pola continuidade dun Mateo Arias que ademais de peza importante a última campaña contaba cun ano máis de contrato. 

Doutra banda o Cisne pechou a renovación de Martín Santos, outro dos xogadores formados nas categorías inferiores da entidade.

Ademais tamén fichou a Víctor Fernández, primeira liña que retornou á Boa Vila o pasado inverno procedente do Ademar de León.

Con eles pasan a ser xa dez os xogadores confirmados para o Cisne 24/25, xunto a Román Arboleya, Manu Lorenzo, Gualther Furtado, André de Moura, Iván Calvo e os fichados Iago Costas e Dani Virulegio.