O Club Baloncesto Arxil fixo pública cal será a estrutura a próxima tempada do seu corpo técnico, que un ano máis estará encabezado por Mayte Méndez.
Será a tempada número 24 que a adestradora dirixa ao cadro pontevedrés na Liga Feminina 2, todas elas de maneira consecutiva.
"Queremos facer un equipo bonito, que nos permita darlle alegrías á nosa afección, competir nesta liga tan complicada. Queremos seguir dándolle estabilidade ao club desde ter un equipo referente arriba e seguir mantendo esa identidade que temos e que nos forxamos", asegura a adestradora.
Para o novo curso que está a piques de comezar Méndez estará de novo acompañada por Marita Janeiro, Milagros Sanmartín e Ana Martín como adestradoras axudantes.
Ademais Magín Méndez encargarase da preparación física, David Rocha exercerá de fisioterapeuta, Carlos Díaz de delegado e José Paz será o médico de referencia do equipo.