Meaño, escenario da primeira Carreira Solidaria Polilla Ana Vicente

O Salnés
19 de xaneiro 2026

A Asociación de Antigos Alumnos dos Colexios da Garda Civil presentou a proba solidaria a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro

Presentación da primeira Carreira Solidaria Polilla Ana Vicente
Presentación da primeira Carreira Solidaria Polilla Ana Vicente / Guardia Civil

O próximo 7 de febreiro Meaño vivirá unha xornada especial.

A solidariedade e o deporte daranse a man para celebrar a primeira Carreira Solidaria Polilla Ana Vicente.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Asociación de Antigos Alumnos dos Colexios da Garda Civil xunto coa Asociación Contra o Cancro, á que irán destinados os fondos recadados.

Baixo a lema 'Contra el Cáncer Los Polillas', a proba popular busca apoiar a investigación.

En concreto organizarase unha carreira de 10 quilómetros de percorrido con saída na Praza do Concello de Meaño ás 11.00 horas, xunto a unha marcha a pé de 5 quilómetros con saída ás 11.15 horas.

Discorrerá polas rúas e miradoiros de Meaño, e contará tamén con carreiras para menores de idade.

As inscricións pódense formalizar a través da páxina carreirasgalegas.com, cun donativo de 12 euros con camiseta incluíndo dorsal ou de 6 euros sen camiseta e con dorsal. A inscrición para menores de entre 0 e 3 anos será de balde.

Ademais habilitouse un 'dorsal solidario' para contribuír economicamente con achegas no número de conta da Asociación Española Contra o Cancro (ES76 2080 5401 4020 3035).

Será posible anotarse até o próximo 1 de febreiro cun límite de 2.700 participantes.