Medalla de bronce para o 4x100 infantil do Galaico

Pontevedra
02 de marzo 2014

Nuria Erselle, Agueda Cons, Inés Gómez e Sheila Moldes finalizan en terceiro lugar despois do cuarto posto do 4ÿ200 libres do xoves

Equipo infantil de relevos do Galaico
Equipo infantil de relevos do Galaico / CN Galaico

Nuria Erselle, Agueda Cons, Inés Gómez, e Sheila Moldes deron a primeira medalla para o Club Natación Galaico no Campionato de España Infantil e Júnior que se está a celebrar estes días na piscina olímpica de Ponte Muíños.

As catro lograron subir ao terceiro chanzo do podio na proba de 4x100 infantil, despois do cuarto posto logrado o pasado xoves no 4x200.

Nuria, Águeda, Inés e Sheila pararon o crono en 4:12.56, por detrás do equipo de relevos do Madrid Moscardó e Sabadell, primeiro e segundo respectivamente.

No plano individual destaca o sexto posto de Nuria Erselle nos 200 libres.

Ademais, Paula Goyanes finalizou no posto 18 dos 200 costas, proba na que Inés Gómez e Nuria Erselle remataron no lugar 41 e 42, mentres Juan David Hernández cualificou trixésimo oitavo nos 200 estilos.