Medalla de prata para Alicia Bouzas no Open de Mallorca

Pontevedra
03 de abril 2023

A nadadora do CN Galaico subiuse ao segundo banzo do podio na modalidade de 400 estilos, na que bateu a súa mellor marca persoal

Os nadadores do CN Galaico Nicolás Vázquez, Antía García y Alicia Bouzas CN Galaico

A nadadora do CN Galaico Alicia Bouzas conseguiu a pasada fin de semana unha meritoria medalla de prata coa súa mellor marca persoal nos 400 estilos do Open de España de categoría absoluta celebrado en Mallorca.

Ao evento, o conxunto pontevedrés desprazou a tres deportistas: Nicolás Vázquez, Antía García e Alicia Bouzas. O primeiro debutaba nunha competición nacional e demostrou ter un gran potencial nunha proba de alto nivel como os 50 metros braza, na que se moveu nas súas marcas habituais.

Antía García foi de menos a máis nunha competición moi igualada na que quedou a escasas décimas de meterse nas final de 50 bolboreta, 100 e 50 libre.

Ademais, en Asturias tivo lugar o Trofeo Avilés de categoría benjamín e alevín ao que acudiron 38 nadadores do Galaico no que o equipo pontevedrés conseguiu o subcampionato e unha ampla lista de mínimas para competicións posteriores.