A ximnasia pontevedresa está de noraboa. Poucos deportes poden presumir dos resultados que o Club Ximnasia Pontevedra conseguiu no Campionato de Europa de Ximnasia Trampolín celebrado en Valladolid.
Alí estaban, representando á Selección Española, oito deportistas do club pontevedrés, ademais do seu adestrador e responsable técnico da Federación Española, Pablo Hinojar, e da tamén adestradora Isaura Hermida, e todos eses ximnastas conseguiron subir ao podio.
A nivel individual, a máis destacada foi Melania Rodríguez, ao proclamarse campioa de Europa junior na modalidade de Dobre Minitramp.
Melania, bronce non último Mundial, logrou unha puntuación de 67,200 despois dos seus dous saltos, superando á rusa Aleka Bonartseva (67,000) e á británica Beth Williamson (65,000).
O resto das medallas chegaron na competición por equipos, cunha prata feminina para Yael Campelo e un bronce masculino para o equipo do que formaban parte Antonio Santos, Daniel Pérez e Alejandro Bernárdez. Ademais Alejandro Cid colgouse a prata por equipo en idade junior.
Destacada foi tamén a actuación de Antonio Santos e Alejandro Bernárdez na proba individual de Dobre Minitramp, finalizando nunha meritorias quinta e sexta praza final respectivamente.
Todo un éxito para un equipo modesto como o Ximnasia Pontevedra que demostra, para Pablo Hinojar, "que el esfuerzo tiene recompensa".
Os próximos retos para os deportistas do club pontevedrés serán o Campionato de España en Guadalajara e a Copa do Mundo que se celebrará no mes de xullo en Coimbra, Portugal.