Mérida, última cita da tempada de campo a través

Pontevedra
13 de marzo 2014

Catro atletas da Gimnástica foron convocados pola Selección Galega para participar na cita

Catro atletas da Sociedad Gimnástica foron convocados pola Selección Galega para o Campionato de España de campo a través.

Mérida será escenario o domingo 16 de marzo da cita, última da tempada nesta especialidade atlética.

A pesar das ausencias de última hora de Víctor Riobó e Robertas Geralavicius, o club pontevedrés contará cunha boa representación, especialmente na carreira abosulta masculina, onde competirán Javier Paredes, Rubén Diz e Ramón Serantes.

A expedición da Gimnástica complétase con Cristina González Brea, que formará parte do equipo galego júnior.