A selección española de fútbol disputará as semifinais da Copa do Mundo de 2026 tras vencer a Bélgica por dous goles a un.
Un gol de Mikel Merino no minuto 88, que se sumou ao tanto anterior de Fabián, outorgou a clasificación ao conxunto dirixido por Luís de la Fuente.
Con este resultado, o equipo medirase contra Francia o vindeiro martes 14 de xullo ás 21:00 horas na cidade de Dallas, logrando o pase a esta rolda por segunda vez na súa historia.
O encontro de cuartos de final tivo un amplo seguimento na comarca de Pontevedra.

Na capital provincial, numeroso público, cunha presenza maioritaria de mocidade, concentrouse na avenida de Montero Ríos, a través da pantalla que a Deputación de Pontevedra situou diante do Pazo Provincial.

Unha vez concluído o choque, moito público trasladouse ao centro histórico da cidade. Os cidadáns, moitos deles con camisetas e bandeiras da selección, ocuparon os establecementos da zona monumental durante o resto da noite.

A expectación estendeuse de igual modo a Marín. Os afeccionados deste municipio presenciaron o partido na Alameda, onde se colocou outra pantalla coincidindo co comezo das Festas do Carme.
Ante a resposta dos seguidores, agárdase que a Deputación volva instalar a pantalla xigante para a retransmisión do encontro do próximo martes.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.