O triunfo logrado en Guadalaxara disparou máis se cabe as opcións do Pontevedra Club de Fútbol de pelexar por un posto no play-off de ascenso a Segunda División.
A cinco xornadas do final da liga regular en Primeira RFEF, os granates son terceiros con 52 puntos, os mesmos que Zamora e con dous de vantaxe sobre Castilla e Ponferradina, primeiro equipo que quedaría fóra da fase de ascenso.
A igualdade é máxima, e até 11 equipos aspiran aos tres últimos postos de play-off, co ascenso directo na man xa de Tenerife (69 puntos) e o segundo posto encamiñado para o Celta Fortuna (60 puntos) aínda que cos de Rubén Domínguez á espreita no caso de vencer no derbi deste próximo sábado 25 (16.15 horas, Pasarón).
Será un mes de auténtico infarto, con multitude de duelos directos e unha vantaxe para o Pontevedra, e é que dos seus cinco encontros por disputar tres terán como escenario o Estadio Municipal de Pasarón. Manter a súa fortaleza como local pode chegar a ser decisivo.
📈 ¡Así queda el 𝗚𝗥𝗨𝗣𝗢 𝟭 tras la disputa de la 𝗷𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝟯𝟯!#PrimeraFederación | #VersusELearning pic.twitter.com/m8Rw16egt7
— Primera Federación Versus e-Learning (@Primera_RFEF) April 19, 2026
Pero, cal é o calendario de cada un dos candidatos? Isto é o que lle espera até o final de competición aos equipos involucrados en pugna polas prazas de play-off:
3º - PONTEVEDRA CF, 52 puntos: Celta Fortuna (Casa), Racing de Ferrol (Fóra), Bilbao Athletic (C), Tenerife (F), Real Avilés (C).
4º - ZAMORA CF, 52 puntos: Ourense CF (F), Ponferradina (C), Lugo (F), Cacereño (C), Arenas de Getxo (F).
5º - REAL MADRID CASTILLA, 50 puntos: Talavera (F), Unionistas (C), Cacereño (F), Arenas de Getxo (C), Guadalajara (F).
6º - PONFERRADINA, 50 puntos: Tenerife (C), Zamora (F), Real Avies (C), Arenteiro (F), Bilbao Athletic (C).
7º - BARAKALDO CF, 48 puntos: Lugo (C), Tenerife (F), Mérida (C), Real Aviles (F), Celta Fortuna (C).
8º - UNIONISTAS DE SALAMANCA, 48 puntos: Bilbao Athletic (C), Real Madrid Castilla (F), Tenerife (C), Mérida (F), Racing de Ferrol (C).
9º - AD MÉRIDA, 48 puntos: Arenas de Getxo (F), Lugo (C), Barakaldo (F), Unionistas (C), Osasuna B (F).
10º - CD LUGO, 46 puntos: Barakaldo (F), Mérida (F), Zamora (C), Celta Fortuna (F), Arenteiro (C).
11º - RACING DE FERROL, 45 puntos: Real Avilés (C), Pontevedra (C), Arenas de Getxo (F), Osasuna B (C), Unionistas (F).
12º - ARENAS DE GETXO, 44 puntos: Mérida (C), Talavera (F), Racing de Ferrol (C), Real Madrid Castilla (F), Zamora (C).
13º - BILBAO ATHLETIC, 44 puntos: Unionistas (F), Ourense CF (C), Pontevedra (F), Guadalajara (C), Ponferradina (F).