Miriam Ruiz, primeira fichaxe do Marín Futsal

Marín
28 de xuño 2024

O Marín Futsal fixo oficial a fichaxe da á Miriam Ruiz, que chega ao equipo procedente do STV Roldán

Partido de liga entre Marín Futsal e STV Roldán na Raña Mónica Patxot

O Marín Futsal fixo oficial a fichaxe da á Miriam Ruiz, que chega ao equipo procedente do STV Roldán.

Miriam defendeu o escudo pachequero durante oito tempadas e dúas etapas diferentes. Na primeira delas viviu os seus anos máis gloriosos proclamándose campioa de Liga na campaña 2017/2018 e campioa de Europa en 2019. Esta última tempada, xa na súa segunda etapa, estivo marcada polas lesións.

A veterana xogadora murciana tamén vestiu a camiseta do Sala Zaragoza e do Poio Pescamar.