Traxedia no mundo do tríatlon. A World Triathlon confirmou esta semana o falecemento da xaponesa de 25 anos Tsudoi Miyazaki tras ser atropelada mentres adestraba o mércores 27 de xullo.
A nova promesa do tríatlon atopábase na cidade francesa de Orleans, onde estaba a adestrar na súa bicicleta cando un vehículo arroiouna.
Miyazaki participou na Copa do Mundo celebrada a pasada fin de semana en Pontevedra na que quedou no posto 50.
A triste noticia sentou como un xerro de auga fría no mundo do tríatlon, onde esperaban que se convertese nunha das grandes deportistas co obxectivo de gañar medallas nos Xogos Olímpicos de Paris 2024 e de Los Ángeles 2028.
Varios organismos expresaron as súas condolencias pola morte da moza a través das redes sociais, como o presidente do Comité Olímpico Internacional, Thomas Bach, que manifestou a súa "profunda tristeza" despois de coñecer a "noticia do fatal accidente que lle custou a vida á talentosa triatleta xaponesa Tsudoi Miyazaki mentres adestraba en bicicleta en Francia".
Deeply saddening to hear the news about the fatal accident that cost the life of the talented Japanese triathlete Tsudoi Miyazaki while training on a bike in France. My thoughts are with her family and her friends. – IOC President Thomas Bach.
— IOC MEDIA (@iocmedia) July 29, 2022